Sandidade inclúe a vacina contra a neumonía para os que cumpren 65 anos

Non é preciso acudir aos Centros de Saúde unha vez se cumpra devandita idade, xa que os profesionais programarán a vacinación dun xeito ordenado

Galicia é das primeiras comunidades en incorporar este calendario.

Galicia vén de implantar un novo calendario de vacinación para adultos, que permite regular, dun xeito sistemático e programado, as distintas vacinas aconselladas a estes grupos de poboación, que se viñan poñendo dese os centros de saúde, incluíndo, como principal novidade, a vacina pnemocócica “conxugada”, para os que vaian cumprindo 65 anos, complementando así a que xa se oferta a maiores de 65 e grupos de risco. Así o explicaron hoxe, 10 de xullo, en rolda de prensa, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada pola xefa territorial da Consellería de Santidade, María Villar, e a subdirectora de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco. Así, a nosa comunidade, convírtese nunha das primeiras en establecer un calendario vacinal deste estilo.

Con esta ampliación da oferta de vacinas, gratuítas para os grupos diana, a Consellería de Sanidade pretende vacinar anualmente aos usuarios que cumpran 65 anos, coa vacina antipneumocócica conxugada trecevalente, de dose única. Medida que complementa a vacinación que xa se viña realizando sistematicamente, desde o ano 2000, dos maiores de 65 e grupos de risco, coa pneumocócicapolisacárida, e que se mantén para os maiores desta idade.

Por tratarse dunha vacina establecida para os que cada ano cumpran os 65 anos, non é preciso acudir a vacinarse aos Centros de Saúde nos primeiros días, xa que disporán de todo o ano para facelo, polo que, os profesionais, programarán ordenadamente a vacinación dos usuarios desta idade que o desexen, e o precisen en función de si foron vacinados recentemente fronte a pneumonía.

Os interesados en vacinarse poden pedir cita no seu centro de saúde, polos mecanismos habituais ou, coincidindo cunha visita, comentalo ao seu médico ou enfermeiro de familia, que valorará a súa necesidade, tras consultar seu historial de vacinación, polo que de estar indicada, daralle información sobre como programar a vacinación.

Con esta iniciativa, a Dirección Xeral de Saúde Pública, ten por obxectivo acadar unha cobertura do 60% na poboación de 65 anos, o que suporía vacinar en toda Galicia a case 20.000 persoas desa idade. A Consellería de Sanidade estima que, grazas a esta medida, se producirá unha maior diminución de casos de pneumonía, que podería chegar ata 2.600 casos menos nun prazo de cinco anos, cunha diminución de ata 1.400 ingresos en toda a Comunidade Autónoma.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies