SanidadeÚltima hora

Sanidade asegura que Galicia ten “vacinas suficientes contra a gripe”

 

Ante a falta de vacinas da gripe que se ten producido nalgún Centro de Saúde da comarca de Valdeorras e que levou a anular algunhas citas, dende a Consellería de Sanidade asegúrase que “Galicia ten vacinas suficientes. Están garantidas para toda a poboación maior de 65 anos, a prioridade son os grupos de risco”.

Así mesmo Sanidade sinala que a “Xunta vai redistribuír máis, para resolver a situación puntual de rotura de stock nalgúns centros de saúde debido á alta demanda. De feito mañá, recibiremos 43.000 doses máis que repartiranse entre o venres e o luns”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close