Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Sanidade asina un convenio para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo

O anuncio facíao o conselleiro de Sanidade en Ourense no decurso da V Xornada Autonómica PAIME (Programa de atención integral ao médico enfermo)

 

O Consello de Colexios de Médicos de Galicia celebraba o 12 de maio no Colexio Médico de Ourense a V Xornada Autonómica PAIME (Programa de atención integral ao médico enfermo). Este encontro anual contaba coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen destacaba o papel fundamental do colectivo médico no sistema de saúde público e a necesidade reflexionar sobre a persoa do médico e a súa saúde. Ademais anunciaba que o seu departamento vén de asinar un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Médicos de Galicia para o desenvolvemento do devandito programa.

O PAIME atende os problemas de saúde dos médicos galegos que, polas súas características, requiren privacidade. Este programa vela dende hai anos por aumentar a seguridade asistencial para pacientes e médicos.

Posteriomente, Almuiña trasladábase a Allariz (Ourense) para clausurar as I Xornadas da Asociación de Farmacéuticos de Atención Primaria. Alí o conselleiro lembraba o Programa de mellora da calidade na atención ao paciente crónico e polimédicado, en marcha dende 2011 e a Estratexia Sergas 2020 que recolle as necesidades para darlle unha nova dimensión a este programa.

 

Artigos relacionados

Back to top button