SanidadeÚltima hora

Sanidade confirma o cuarto positivo por coronavirus en Galicia

Trátase dun brote de vínculo familiar xa que este novo caso é o dun menor fillo da muller diagnosticada onte por coronavirus na área sanitaria de Vigo

O conselleiro de Sanidade na súa última comparecencia, o xoves 5 de marzo, sobre o coronavirus en Galicia.

 

Dende a Consellería de Sanidade confirmaba na mañá deste 6 de marzo un novo caso de coronavirus en Galicia, o terceiro nesta comunidade autónoma. Así, as análises realizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro e Vigo, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a infección por coronavirus “dun varón de 43 años, que se atendeu con sintomatoloxía respiratoria no Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e do que se solicitou a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral, seguindo os protocolos establecidos”.

O paciente permanece ingresado nunha habitación illada do hospital vigués en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanida. “Este varón ten vínculo epidemiolóxico coa paciente diagnosticada por coronavirus, tamén na área sanitaria de Vigo”, segundo a consellería.

Por outra banda, Sanidade remitía ao Centro Nacional de Microbioloxía para a súa confirmación as “probas non concluíntes realizadas no Hospital Álvaro Cunqueiro a un menor, fillo da muller que onte deu positivo nas análisis de infección por coronavirus”, que finalmente tamén resultaban positivas, co cal confirmábase o cuarto caso de coronavirus en Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, informaba esta tarde de que continúa aberto o estudo de contactos deste cuarto caso. Este paciente está ingresado en planta no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Os técnicos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra acudían hoxe ao IES de Moaña, onde cursa estudios o menor para informar tanto á dirección do centro como á asociación de nais e pais (ANPA) sobre os protocolos que deben aplicarse.

Ademais, dende o Sergas lémbrase que a “Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. En calquera caso, para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tiveran contacto con alguén que estivese nalgún destes lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas”.

Artigos relacionados

Back to top button