SanidadeÚltima hora

Sanidade dá por controlado o brote de Covid de Beariz (Ourense)

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Tras rematar o seguemento dos contactos e sen novos positivos desde o pasado venres”, a Consellería de Sanidade dá por controlado o brote de afectados por Covid-19 da localidade ourensá de Beariz.

Dende o Sergas en Ourense lembran a importancia de “non esquecer as medidas de protección fronte ao virus: hixiene de mans, máscara e distanza de seguridade”. Ademais destácase que “ante síntomas como febre, tose e malestar xeral” debe chamarse ao Centro de Saúde ou solicitar información no 900 400 116.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 4 casos activos de coronavirus, segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. En Galicia son un total de 238, deles 26 son da área da Coruña, 171 da de Lugo, 7 da de Pontevedra, 14 da área de Vigo, 15 da de Santiago, e 1 da de Ferrol, ademais dos 4 xa citados da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.979 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button