SanidadeÚltima hora

Sanidade di que “non está en cuestión o traslado do PAC do Barco fóra do hospital”

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín o Barco indican que a reforma prevista nel mellorará a "súa estrutura, distribución e funcionalidade"

Exterior do Hospital Público de Valdeorras, no Barco.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco acometerá os próximos días obras para ampliar e mellorar os espazos do Punto de Atención Continuada (PAC) do Barco, situado anexo ao servizo de Urxencias do Hospital Público de Valdeorras. “Con esta iniciativa mellorarase a súa estrutura, distribución e funcionalidade, duplicando o espazo dispoñible na actualidade no PAC”, segundo informa Sanidade.

Ademais, Sanidade indica que a previsión das obras e distribución de espazos “foi presentada, o pasado luns día 23 de novembro, aos profesionais deste servizo de atención primaria, co obxectivo de recoller tamén as súas achegas e necesidades en canto a estrutura” e que, “para executar as obras, á maior brevidade posible, procederase antes do inicio das mesmas ao traslado dos locais sindicais, a un emprazamento provisional, nunha medida na que hai que agradecer a colaboración e dispoñibilidade dos representantes dos traballadores”.

Sanidade tamén asegura que “desde a área sanitaria non está en cuestión o traslado do PAC fóra do hospital, sobre todo tendo en conta que foi precisamente o seu bo funcionamento o que servíu de exemplo para outras áreas de Galicia, que decidiron adoptar o modelo do Barco, situando tamén estes dispositivos urxentes básicos na entrada ás urxencias hospitalarias. É un modelo hoxe maioritario na rede Sergas xa que, compartir dependencias con Urxencias, aporta grandes vantaxes, como a continuidade asistencial ou acceso rápido a probas complementarias, non dispoñibles no centro de saúde, favorecendo ademais a mellor coordinación entre os profesionais dun e doutro servizo”.

Artigos relacionados

Back to top button