ConcellosÚltima hora

Sanidade fai público o protocolo do Entroido, aprobado polo Comité Clínico

O conselleiro adiantaba algúns dos seus puntos principais en rolda de prensa desta mañá

Publicidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a súa intervención.

 

Na reunión celebrada onte polo Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do coronavirus en Galicia tamén resultaba aprobado o protocolo para o Entroido, que foi deseñado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. “Temos que seguir sendo prudentes”, destacaba o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, antes de dar a coñecer os principais puntos deste protocolo.

Así, “os concellos deberán elaborar todas as medidas precisas para garantir o uso correcto dos espazos nos que se desenvolven os desfiles, exhibicións musicais e bailes itinerantes, por suposto distancia, uso da máscara obrigatoria tanto para participantes como para público. Tamén no caso de espectáculos ao aire libre deberán contar con accesos autorizados e correctamente sinalados, puidendo ter un aforo dun 100%, e o mesmo aforo tamén no caso dos espazos interiores”, dicía o conselleiro.

Por outra banda, “non estará permitido fumar, tampouco cigarrillos electrónicos na área do público. E o certificados serán obrigatorio para o acceso a eventos multitudinarios en interiores cando o público sexa maior das 200 persoas, e no caso dos eventos ao aire libre esixirase cando o aforo sexa superior a 500 persoas. Esixirase o certificado en todos aqueles eventos ao marxe do aforo, nos que estea autorizada a venda de bebida ou comida”, apuntaba Julio García.

As medidas concretas, matizaba o conselleiro, van dependen “da natureza do Concello, creo que nese sentido os concellos teñen experiencias, pois por exemplo nas mesmas festas do Nadal ou doutros eventos públicos. E o que se lle piden é que eles tomen as medidas oportunas para garantir que eses espazos onde se desenvolven os desfiles, estas actuacións musicais e os bailes, basicamente se garanta a distancia e o uso da máscara. Non estamos a falar, no caso de vías públicas, de zonas de acotamento, senón que simplemente teñen que tomar as medidas para que esas distancias se manteñan. Outra cousa son os espectáculos ao aire libre, que aí si que teñen que acotar os accesos e autorizalos correctamente, sinalalos e fixar un aforo. É importantísimo neste caso o correcto uso da máscara, das persoas que desfilan e do público tamén”.

O documento, que inclúe máis detalles, está previsto que se publique “hoxe mesmo para que todos os concellos poidan dispoñer del canto antes para que poidan ir planificando todas as medidas necesarias”.

Artigos relacionados

Back to top button