En portadaÚltima hora

Sanidade fará “unha vixilancia especial” da situación epidemiolóxica da Rúa, O Barco e Verín

Era unha das medidas acordadas na reunión desta tarde do Comité Clínico que segue a pandemia do Covid-19 en Galicia

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o Comité Clínico de expertos que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia acordaba na súa reunión desta tarde, entre outras medidas, implementar “unha vixilancia especial nos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño”.

Ademais decidía suavizar as medidas restritivas nos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade. Así mesmo, os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona, pasan ao nivel máximo de restricións.

Ademais do antedito, os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra, pasan ao nivel medio alto de restricións.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Santiago pasa a nivel medio e queda pechado perimetralmente.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Sinalar, por último, que mañá mércores, a Consellería de Sanidade informará do plan de nadal para Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button