SanidadeÚltima hora

Sanidade inclúe a Madrid no listado de territorios de obrigado rexistro para visitantes a Galicia

Ademais exclúe a Portugal e A Rioxa, segundo a última actualización do mesmo publicada no DOG

 

O listado de territorios de obrigado rexistro para viaxeiros que chegan a Galicia vén de rexistrar unha actualización, publicada o 5 de agosto no Diario Oficial de Galicia. “Esta actualización vén xustificada pola evolución de la situación epidemiolóxica tanto en distintas comunidades autónomas como noutros países”, segundo informa a Consellería de Sanidade.

Entre as principais novidades a nivel estatal, destaca a inclusión de Madrid, mentres que pola contra xa non será obrigatorio rexistrarse para os viaxeiros procedentes da Rioxa. Continúan na lista Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. En canto aos cambios internacionais, cómpre sinalar a exclusión de Portugal, polo que as persoas procedentes do país veciño xa non estarán obrigados a proporcio-nar os seus datos de contacto.

Segundo Sanidade, Galicia é a terceira comunidade autónoma con menor incidencia acumulada nos últimos 14 días, de acordo cos datos que reflicte o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitaria do Ministerio de Sanidade.

Cómpre lembrar que todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 4 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

As persoas que visiten Galicia, terán un espazo de tempo de vintecatro horas, desde a súa chegada, para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terán que realizar cada un dos viaxeiros.

Máis de 17.000 persoas rexistradas na área sanitaria de Ourense

Na área sanitaria de Ourense, o rexistro xa supera o 17 mil persoas, segundo Sanidade, sendo unha das áreas con maior número e os viaxeiros rexistrados reciben información de que ten que facer en caso de presentar síntomas compatibles con covid (se ten que ir ao centro de saúde, a urxencias, o número telefónico ao que contactar…) e información sobre normas como o uso obrigado de máscara.
“Se os viaxeiros chegan de territorios con riscos máis altos, desde o Sergas propónselles a realización dunha proba diagnóstica. O brote de Carballiño descubriuse a través desta vía, e permitiu evitar un maior contaxio”, asegura Sanidade.
Que territorios se consideran de alta incidencia epidemiolóxica pola COVID-19?
Os recollidos por resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Neste momento:
  • Calquera dos países do continente africano.
  • Os seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, República Dominicana, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, San Vicente e As Granadinas, San Martín, Surinam, Illas Tartarugas, Estados Unidos, Illas Virxes, Venezuela, Haití, Xamaica e Nicaragua.
  • Os seguintes territorios de Asia: Bahrein, Bangladesh, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kuwait, Kirguizistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Qatar, Arabia Saudí, Singapur, Emiratos Árabes, Uzbequistán, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen e Vietnam.
  • Os seguintes territorios de Europa: Albania, Andorra, Armenia, Acerbaixán, Bulgaria, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Croacia, Illas Feroe, Kosovo, Luxemburgo, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Rusia e Serbia.
  • As comunidades autónomas de Aragón, Cataluña, Madrid, Navarra e País Vasco.
En que prazo?
Nun prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, independentemente de que presente ou non síntomas compatibles coa COVID-19.

Máis información:
https://coronavirus.sergas.gal/

Artigos relacionados

Back to top button