SanidadeÚltima hora

Sanidade manterá aos 233 profesionais eventuais contratados na provincia durante a pandemia

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras manterá aos 233 profesionais eventuais, contratados desde a declaración do estado de alarma, segundo confirma a Consellería de Sanidade. Estes profesionais “estiveron na primeira liña de loita fronte ao Covid-19, nas plantas e UCIs Covid dos tres hospitais públicos da provincia, nas residencias integradas e nos equipos de seguemento a domicilio e recollida de mostras”, indica Sanidade.

A maior parte destes profesionais de reforzo son sanitarios. “Un total de 214 persoas inscritas nas listas de contratación temporal do Servizo Galego de Saúde nas categorías de enfermería, 121, e técnicos de coidados auxiliares de enfermería (ou TCAE) 93”, segundo os datos da consellería.

Por centros, o maior volume de contratacións temporais correspóndelle ao Hospital Universitario de Ourense que mantén a 191 profesionais de reforzo. A maioría tamén de enfermeria, 99; 75 TCAE; 9 celadores e 5 técnicos superiores de laboratorio e de radioloxía, ademais de tres auxiliares administrativos.

O persoal médico reforzouse con 40 profesionais máis, ademais de novas gardas vinculadas á vixilancia Covid, que se manteñen na actualidade nos servizos de Medicina Preventiva e Microbioloxía, que prestan desde o inicio da pandemia un servizo 24 horas, todos os días da semana.

A Consellería de Sanidade toma a decisión de prorrogar os contratos xerados desde a declaración do estado de alarma “como medida de extraordinaria de prevención que se mantén por precaución”.

Artigos relacionados

Back to top button