ConcellosÚltima hora

Sanidade notifica 1.667 casos activos de Covid en centros educativos da provincia

Entre eles figuran 23 positivos no IES Cosme López da Rúa

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tres días despois da volta ás aulas tras as vacacións de Nadal, a Consellería de Sanidade vén de facer públicas as cifras de casos activos nos centros. Así, os positivos vinculados por idade ou profesión ás escolas infantís da comunidade son un total de 170, dos que 13 corresponden á provincia de Ourense (onde non hai ningunha aula pechada).

No referente aos casos en poboación vinculada por idade ou profesión a centros educativos, Sanidade informa dun total de 1.667 na provincia de Ourense, se ben tampouco existe ningunha aula pechada.

No listado feito público por Sanidade, detállanse os centros que rexistran un maior número de casos, entre eles figuran varios da cidade de Ourense, así como o IES Taboada Chivite de Verín con 30 positivos, o IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia con 29, o IES Cosme López da Rúa con 23, o CEIP Amaro Refojo de Verín con 15 ou o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro con 15.

Artigos relacionados

Back to top button