Sanidade propón contratos cun mínimo dun ano de duración “para unha maior estabilidade dos profesionais”

O conselleiro presentaba no Consello da Xunta un informe sobre o borrador do acordo para o establecemento dun “nomeamento estatutario eventual de continuidade” no ámbito do Sergas

Imaxe do Consello da Xunta do 10 de xaneiro.

No decurso do Consello da Xunta celebrado o 10 de xaneiro, o conselleiro de Sanidade Jesús Almuiña presentaba un informe do seu departamento no que se aborda o borrador do acordo sobre o establecemento dun nomeamento estatutario eventual de continuidade no ámbito do Sergas. “Trátase dunha nova modalidade contractual para vínculos temporais do persoal médico de familia e pediatras de atención primaria do Sergas, que prevé contratos cun mínimo dun ano de duración e tres de máximo”, segundo a información feita pública pola Xunta.

Estaba previsto que este borrador se presentanse neste venres 11 de xaneiro na mesa sectorial de Sanidade para a súa negociación cos representantes de persoal, para os efectos de acadar un acordo que permita unha implantación “inmediata desta medida para vínculos que melloren as condicións laborais dos médicos especialistas actualmente dispoñibles, pero, tamén para os médicos internos residentes que teñan previsto rematar no vindeiro mes de maio”, seguindo a información do goberno galego.

Este nomeamento de continuidade, “de 12 meses susceptibles de prórrogas e idéntica duración ata un máximo de 3 anos, permitirá a dispoñibilidade de persoal para a cobertura das necesidades asistenciais que se produzan, posibilitando o cumprimento dos obxectivos de garantía de funcionamento permanente e continuado dos centros sanitarios. Así mesmo, tamén permitirá un servizo máis eficaz á poboación, ademais dunha maior estabilidade laboral aos profesionais, fidelizando os recursos humanos dispoñibles”, segundo a Xunta. Tamén se indica que se a prestación dos servizos se estende por un período acumulado de 12 ou máis meses nun período de dous anos, poderase valorar a creación de prazas estruturais.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies