SanidadeÚltima horaVídeos

Sanidade rectifica e cifra en 18 os ingresos por coronavirus no Hospital de Valdeorras

Son dez pacientes máis dos que aparecían nas estatísticas feitas públicas nesta mañá dende a consellería

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A última hora da mañá deste mércores 22 de abril a Consellería de Sanidade informaba de que os pacientes ingresados por coronavirus no Hospital de Valdeorras eran un total de 8, o que supoñía unha notable redución con respecto á xornada de onte, con 17 hospitalizados.

Sen embargo, rozando ás sete e media desta tarde, Sanidade recoñecía un erro nos datos enviados e rectificaba, cifrando en 18 (é dicir, un máis que onte) os pacientes hospitalizados con COVID-19 no centro barquense.

Aínda así, a Conselelría Sanidade sinala que si se están a producir altas no hospital valdeorrés, sendo 2 as rexistradas onte e catro as de hoxe.

No Hospital Universitario de Ourense hai 149 ingresos en planta e 16 en UCI e sete en planta no Hospital de Verín.

Neste vídeo cedido poden verse algúns dos últimos pacientes dados de alta neste centro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button