En portadaÚltima hora

Sanidade segue co foco posto na situación sanitaria da Rúa “porque non rexistra unha mellora”

Tamén se vixía a evolución epidemiolóxica de Petín, tal e como se sinalaba na rolda de prensa tras o comité clínico que segue o Covid-19 en Galicia

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Por agora non se incrementan as restricións sanitarias na Rúa e en Petín (que seguen con limitacións do nivel 2), pero o comité clínico de expertos que segue a evolución do Covid-19 en Galicia mantén a vixilancia nestes dous concellos valdeorreses. “Preocúpannos os concellos de Petín, A Rúa, Dumbría, Ribeira e A Lama, por iso é preciso continuar co esforzo”, dicía o conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa que ofrecía esta mañá, tras a xuntanza do comité clínico de onte.

Ademais mandaba unha mensaxe de esperanza, tendo en conta que Galicia está “nunha situación de estabilidade con certa tendencia descendente na incidencia acumulada”, e agradecía a colaboración dos concellos, das Policías Locais e da Delegación do Goberno para velar polo cumprimento das restricións, así como o esforzo dos veciños.

 

O conselleiro de Sanidade, durante a rolda de prensa.

 

Pola súa banda, a directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, lembraba que o comité clínico “xa tiñamos a seguemento o concello da Rúa e tamén incorporamos a Petín. A Rúa presenta 24 casos nos últimos 14 días e de 19 casos nos últimos 7 días. E, dicir, seguimos tendo o foco posto neste municipio porque non está experimentando unha melloría significativa”.

No caso de Petín, a doutora Durán, “tamén imos realizar un seguemento intensivo, se ben é certo que nos últimos días parece que ten diminuído o número de casos”.

 

Panorámica de Petín./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button