DeportesÚltima hora

Sanidade suspende de forma temporal a competición do deporte federado en Galicia

Pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A preocupante situación epidemiolóxica que presenta Galicia polo Covid-19 levaba ao Comité Clínico de expertos que segue a pandemia na comunidade a tomar a decisión, na súa reunió de onte, da suspensión temporal da competición do deporte federado. Adiantábao en rolda de prensa esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García.

“Os adestramentos poderán facerse a nivel individual ou en grupos dun máximo de 4 persoas, adaptándoos ao horario do toque de queda e ao peche perimetral no caso dos municipios incluídos no nivel de máximas restricións”, matizaba García Comesaña.

O que si se mantén é o deporte federado de ámbito estatal, “tanto en competición como en adestramentos, sen as restricións do toque de queda nin os peches perimetrais”.

As medidas concretas sairán publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrarán en vigor ás 00h. do xoves 21 de xaneiro. “Esta é unha situación de gravidade e de anticipación”, indicaba o conselleiro de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button