En portadaÚltima hora

Sanidade volverá permitir as reunións en domicilios de non conviventes, ata un máximo de 4 persoas

Será a partir do sábado, tal e como vén de anunciar o conselleiro de Sanidade en rolda de prensa

O conselleiro de Sanidade, Julio García.

 

Dende a noite do 9 ao 10 de abril volverán permitirse as reunións de persoas non coviventes en domicilios, pero coa limitación dun máximo de 4 persoas. Así o anunciaba esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañana, na rolda de prensa na que daba conta das decisións tomadas na reunión do martes do Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid-19 en Galicia.

“Volveremos á siuación que tiñamos antes da Semana Santa”, indicaba o conselleiro. Así, poderán manterse reunións de non conviventes en domicilios ata un máximo de catro persoas no interior. No caso dos exteriores, o máximo seguirá sendo de seis persoas por reunión.

Por outra banda, a partir do sábado tamén se permite compartir vehículo privado con persoas non conviventes.

 

Artigos relacionados

Back to top button