OurenseÚltima hora

Santa Cía 2014 no Conservatorio Profesional de Ourense

Actos para conmemorar a festividade da patrona dos músicos, do 17 ao 21 de novembro

CARTEL SEMANA SANTA ICÍA 2014

Un ano máis o Conservatorio Profesional de Música de Ourense prepárase para celebrar un completo programa de actividades (do 17 ao 21 de novembro) conmemorando a festividade da patrona dos música, Santa Icía.

Os festexos comezarán xa o luns 17 de novembro coa masterclass “As funcións tonais en harmonía” a cargo de Diego David Cuevas, ás 18:30h. na sala de audicións do Conservatorio.

Ao día seguinte, martes 18 ás 19h. haberá un concerto a cargo do Departamento de Instrumentos Antigos, na aula de órgano “Antonio Jaunsarás”, mentres que os dous seguintes días, tocaralle aos profesores (mércores 19 ás 19h) e aos alumnos (xoves 20 tamén ás 19h.) dar un concerto no auditorio do CMUS.

Artigos relacionados

Back to top button