EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Santa Marta inicia a vendima seleccionando as uvas para o seu tostado

Era unha das dúas adegas, xunto con María Teresa Núñez, que abrían a campaña na D.O. Valdeorras, que se prevé moi boa

A Denominación de Orixe Valdeorras vén de iniciar a vendima 2019. Dúas adegas comezaban a recollida de uva nesta xornada de 29 de agosto: María Teresa Núñez Vega (Petín) e Santa Marta SAT (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras).

No caso de Santa Marta os labores de vendima centrábanse só nas uvas que destinarán á elaboración do seu viño doce tostado.

A D.O. Valdeorras espera unha boa colleita neste ano tal e como adiantaba o presidente do seu consello regulador, José Luis García Pando. “Malia aos fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron á parte da colleita hai algunhas semanas, agardamos unha campaña moi boa”.

Ademais García Pando estima que a produción podería superar “os seis millóns de quilos recollidos, moi por riba dos 4,7 millóns do ano pasado”.

De forma progresiva, e ao longo das vindeiras semanas, iranse incorporando ás tarefas de vendima outras adegas desta denominación. Mañá farao Rafael Palacios S.L. e o luns chega a quenda de Godeval S.L. Dende o Consello Regulador calcúlase que a campaña durará, aproximadamente, unhas seis semanas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button