ConcellosÚltima hora

Santa Rita percorrerá as rúas do Barco o 22 de maio

Esta vila valdeorresa vivirá o día grande das súas festas este mércores, no que a imaxe da santa sairá en procesión
A procesión da Santa Rita pasando pola rúa barquense que leva o seu nome, o pasado ano./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con multitude de rosas os valdeorreses honrarán o 22 de maio a Santa Rita no día da grande da súas festas no Barco, se ben os oficios relixiosos desta celebración comezaban xa días atrás (coa novena) na a igrexa que leva o seu nome nesta vila valdeorresa.

Así mañá mércores 22 de maio a partir das oito da mañá haberá misas cada hora ata as 11h. Xa ás 12h. comezará a procesión coa imaxe de Santa Rita (tallada polo escultor barquense Xelo de Tremiñá), rodeada de rosas vermellas e acompañada polas melodías da Banda de Música do Barco.

Flores que portarán ademais os numerosos devotos, que se achegarán á santa buscando a súa bendición e axuda. A procesión seguirá o percorrido habitual. Logo oficiarase na igrexa de Santa Rita a misa concelebrada, coa presenza coa asistencia de numerosos fieis. Os actos relixiosos da festa completaranse pola tarde coa celebración dunha nova misa ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button