PolíticaÚltima hora

Santiago Barja será o novo concelleiro socialista na Corporación de Viana do Bolo

Ocupará o posto de Jesús Salgado, que presentaba a súa demisión hai unha semana
Tras a demisión de Jesús Salgado como concelleiro de Viana, Santiago Barja ocupará o seu posto./ Foto: Carlos G. Hervella.

No pleno que se celebrará neste mes de xaneiro en Viana do Bolo incluirase como punto da orde do día a demisión do edil socialista Jesús Salgado. Hai unha semana este vianés presentaba por escrito no Concello a súa renuncia ao cargo.

Nunha xuntanza celebrada pola agrupación local socialista de Viana o 13 de xaneiro, acordábase que  ese cargo será ocupado polo número tres da lista, Santiago Barja, ao renunciar tamén o número dous, Beni Basalo por motivos laborais.

Santiago Barja, natural de Fradelo, xa tivo experiencia como edil en anteriores corporacións. A súa toma de posesión terá lugar nun novo pleno que podería celebrarse en febreiro. Nesta lexislatura o PSdeG-PSOE conta cun único concelleiro en Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button