En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Santiago Barja toma posesión como concelleiro do PSdeG-PSOE no Concello de Viana

No pleno ordinario celebrado na tarde do 16 de marzo aprobábase o orzamento municipal para o 2017

Quince días despois de facerse público o pacto entre o BNG e o PSdeG-PSOE de Viana do Bolo, o socialista Santiago Barja Barja tomaba posesión como concelleiro na sesión ordinaria do pleno municipal celebrado na tarde do 16 de marzo. Barja prometía o seu cargo diante da corporación e de numeroso público, con varios representantes socialistas de Valdeorras que lle amosaban así o seu apoio.

No pleno, celebrado coa presenza dun secretario enviado pola Deputación de Ourense, tamén se aprobaba o orzamento municipal para este ano 2017. Os 2,5 millóns de euros que reflicte o total das contas vianesas saíron adiante cos 5 votos a favor do BNG, os 4 en contra do PP e a abstención do PSdeG-PSOE. Cos mesmos votos se aprobaba o cuarto punto na orde do día: a conta xeral do 2015.

No que si se puxeron dacordo todos os concelleiros das tres forzas políticas foi na moción presentada polo BNG en protesta polo peche do Rexistro da Propiedade de Viana. Por unanimidade aprobabon a urxencia e tamén a moción en si que o concelleiro do Medio Rural, Santiago Barja, defendedu asegurando que o rural xa sofre bastante discrimminación como para que a Administración siga destruíndo as infraestruturas que aínda quedan.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button