CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Santo Estevo de Ribas de Sil, entre as paradas da “SacroXira nos Mosteiros” de Luar Na Lubre

Nesta xira, que terá lugar do 8 de agosto ao 16 de novembro, presentarán o seu último traballo “Ribeira Sacra”

Santo Estevo de Ribas de Sil estará entre os lugares onde Luar Na Lubre actuará na “SacroXira nos Mosteiros”, onde presentarán o seu último traballo “Ribeira Sacra”. Será a primeira actuación da xira e terá lugar o 8 de agosto.

 

Luar Na Lubre.

 

Os outros mosteiros onde terá parada esta xira son o de Santa María de Montederramo (13 de agosto), o Patio de Armas do Parador de Turismo de Monterrei (30 de agosto), San Pedro de Rocas /Esgos (15 de setembro), Santa María de Xunqueira de Espadanedo (20 de setembro) e a igrexa de San Francisco de Betanzos (16 de novembro).

O traballo ‘Ribeira Sacra’ contou coa colaboración de destacados artistas como o asturiano Víctor Manuel, a cantautora galega Ses, a Coral de Ruada de Ourense, o músico coruñés Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Carlos Gandón e Xoán Antepazo da banda heavy galega “Astarot”. Ademais, o obxectivo foi o de destacar, a través da música e outras artes, o valor histórico, natural e etnográfico desta comarca que aspira a ser proclamada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2021.

Artigos relacionados

Back to top button