En portadaÚltima hora

“Santoalla”, protagonista da gala inaugural do 21 OUFF

Na apertura deste certame, prevista para esta tarde, estarán os directores deste filme que afonda na desaparición do holandés residente nese pobo petinés
Imaxe da inauguración da mostra "Tempo vertical" en Celanova.
Imaxe da inauguración da mostra “Tempo vertical” en Celanova.

Coa inauguración da videoinstalación “Tiempo vertical” na Sala dos Arcos de Celanova erguía o pano o 21ª Festival de Cine Internacional de Cine (OUFF) o 27 de outubro. No acto participaban o autor da mostra, Lois Patiño, Fran Gayo, director artístico e programador do OUFF; e Belén Iglesias, concelleira de Educación, Cultura e Comercio de Ourense. Traballando con pantallas múltiples, Patiño aborda en “Tiempo vertical” a concepción do espazo e o tempo desde perspectivas diferentes e á vez complementarias, buscando crear unha experiencia sensorial para o visitante. Nesta edición o festival aposta por estenderse fóra da cidade e, ademais de en Celanova tamén desenvolverá actos en Xinzo, Carballiño e no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.

Imaxe do filme "Santoalla".
Imaxe do filme “Santoalla”.

Para a tarde do 28 de outubro está prevista a sesión inaugural do OUFF no Auditorio de Ourense na que se proxectará o filme documental “Santoalla”, de Andrew Becker e Daniel Mehrer, que asistirán ao acto. Será unha gala, presentada polos xornalistas Marta Gómez e Ángel Suazes, na que se darán a coñecer as liñas xerais desta edición con algunha que outra sorpresa.

“Santoalla” conta a historia da desaparición no 2010 de Martin Verfondern, un holandés que chegaba anos atrás a este pobo petinés coa súa muller Margo Pool. O seu anceio era vivir no campo, lonxe das limitacións e complicacións da cidade, pero os seus plans truncábanse.

Artigos relacionados

Back to top button