DeportesÚltima hora

Santos Murias, do Club Arco Barco, subcampión no 2º Gran Premio de España celebrado en Toledo

O arqueiro valdeorrés sumaba 131 puntos na modalidade de arco composto

Cunha boa nova regresaba o Club Arco Barco de Toledo esta fin de semana. Un dos seus membros, Santos Murias Vázquez, proclamábase subcampión na modalidade de arco composto no 2º Gran Premio de España-GP Cidade de Toledo celebrado os días 6 e 7 de abril.

Tal como explican dende o club, Murias Vázquez competíu coa elite de España xunto a máis de 90 arqueiros, sumando 131 puntos e logrando “unha proeza”. En representación do club barquense tamén asistiron José Martín Gómez e Manuel Real.

Fotos: Club Arco Barco.

 

Santos Murias co trofeo, unha espada.

Artigos relacionados

Back to top button