ConcellosÚltima hora

Sara Inés Vega asumirá a alcaldía de Castro Caldelas

O sábado 8 de novembro celebrarase o pleno no que tomará posesión do cargo
Sara Inés Vega, futura alcaldesa de Castro Caldelas, co anterior rexidor, Eladio Osorio.
Sara Inés Vega, futura alcaldesa de Castro Caldelas, co anterior rexidor, Eladio Osorio.

Hai pouco máis dunha semana o socialista Eladio Osorio daba conta en sesión plenaria da súa renuncia como alcalde de Castro Caldelas por “motivos estritamente persoais”. Deixaba o cargo tras case 28 ao fronte deste concello ourensán e daba paso á número dous da lista do PSdeG-PSOE nas pasadas eleccións municipais: Sara Inés Vega.

Ata a concelleira e alcaldesa en funcións prepárase para coller as rendas do goberno municipal. Así o vindeiro 8 de novembro ás 17h. celebrarase no Salón Nobre do Castelo un novo pleno no que Sara Inés Vega tomará posesión como alcaldesa de Castro Caldelas. Será a primeira muller en ostentar este cargo neste municipio. Neste acto está prevista a asistencia do anterior rexidor, Eladio Osorio, así como de representantes institucionais e orgánicos do PSdeG-PSOE de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button