CulturaMúsicaÚltima hora

Sara Marianovich dará un concerto a favor de Cruz Vermella Valdeorras

A pianista actuará o venres 23 de xaneiro no Teatro Lauro Olmo do Barco
Sara Marianovich ao piano. /Foto: Mónica G. Bellver.
Sara Marianovich ao piano. /Foto: Mónica G. Bellver.

A pianista Sara Marianovich dará un concerto multimedia a favor de Cruz Vermella en Valdeorras. Será o vindeiro venres 23 de xaneiro no Teatro Lauro Olmo do Barco, a partires das 21 horas.

As entradas, que custarán 8 euros, están xa á venda na sede de Cruz Vermella Valdeorras nos seguintes establecementos: Librería Murciego, Seguros Catalana Occidente (Nieves Rodríguez Voces), Deportes Sport, Farmacias Nieves González e Rosa Mª Arias, Agricentro Teran, no Conservatorio e Escola de Música do Barco, no Casino da Rúa e Aluminios Luis (A Rúa). Tamén se poden mercar na propia taquilla do teatro o día do concerto, podendo asemade colaborar a través da fila 0, coa aportación económica que se desexe.

Dende Cruz Vermella fan un chamamento para que a cita benéfica sexa un éxito, sendo “unha boa excusa para compartir unha noite de música e solidaridade”.

Artigos relacionados

Back to top button