CulturaMúsica

Sara Marianovich dará unha clase maxistral de piano no Teatro Lauro Olmo

A pianista firma un convenio co Concello do Barco onde fixará a súa residencia
Sara Marianovich ao piano. /Foto: Mónica G. Bellver.
Sara Marianovich ao piano. /Foto: Mónica G. Bellver.

O destino trouxo á pianista Sara Marianovich natural de Belgrado ata O Barco de Valdeorras, un entorno moi parecido ao seu Belgrado natal, e aquí levará a cabo o seu traballo musical, formando parte da vida cultural do pobo. Así o aseguraba na mañá do 11 de novembro, na Casa Río Cigueño do Barco, onde firmaba un convenio de colaboración co alcalde da vila, Alfredo García.

Un convenio polo cal, o Concello cede o salón de actos da Casa Río Cigueño onde xa está instalado o piano Steinway “para que Sara ensaie e traballe” explicaba o alcalde. Como contrapartida a profesional ofrecerá “unha serie de compensacións aos veciños do Barco por este acordo mutuo que hoxe asinamos”. O propio Alfredo explica que “hai moitas ideas, Sara xa se reuníu co concelleiro de Educación e cos profesores do Conservatorio e van xurdindo cousas”. Unha delas será o concerto-clase maxistral para alumnos e profesores do Barco que dará no Teatro Lauro Olmo en torno á festa de Santa Cecilia patrona de los músicos, e tamén un concierto para o público en xeral que probablemente será o 3 de decembro.

Con todo, para o alcalde do Barco “máis importante que o feito de que con certa periodicidade poda haber algún concerto, é que os alumnos e profesores do Conservatorio teñan acceso gratuíto en calidade de oíntes, aos cursos de formación musical que como profesional de reconocido prestixio que é, dará a través da Universidad Miguel de Cervantes”.

A pianista Sara Marianovich e o alcalde do Barco Alfredo García. /Foto: Mónica G. Bellver.
A pianista Sara Marianovich e o alcalde do Barco Alfredo García. /Foto: Mónica G. Bellver.

A dilatada carreira profesional de Sara Marianovich comezaba con só doce anos actuando por primeira vez como solista acompañada por orquestra. A partires de aí actúa como solista, en dúo e acompañada por orquestras sinfónicas en varios países de Europa e Estados Unidos, logrando entre outros o “Premio da Universidade de Belas Artes” outorgado pola Facultade de Música de Belgrado como a mellor estudante graduada.

Nos seus programas de concerto, a música española ocupa un lugar destacado (vivíu quince anos en Madrid), en especial a obra integral para piano do mestre Rodrigo ao que coñeceu en persoa, e que grabou para Sony. Ademais tamén realiza un labor pedagóxico a través dun programa multimedia, especializado nos máis pequenos porque “penso que a música clásica debe formar parte do desenvolvemento dos nenos independentemente de que despois se adiquen ou non á música” di Sara, quen atopou en Valdeorras o espazo idóneo para levar a cabo os seus proxectos. “Tiña claro que quería volver a España pero non a Madrid senón a un lugar onde pudera estar en contacto coa natureza, algo moi importante para o meu traballo porque son unha persoa moi sensible”.

Sara coñecía O Barco de Valdeorras en plenas festas do Cristo e encantoulle, así que espera quedar aquí durante un longo período de tempo.

Maís información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button