OurenseÚltima hora

Sarabela Teatro estrea en Ourense o seu novo espectáculo “Celebración. A gran noite”

As representacións terán lugar os días 20 e 21 de setembro ás 21h. no Auditorio Municipal
Presentación da nova peza de Sarabela Teatro.

Como “unha alegoría sobre o totalitarismo e a delimitación de fronteiras entre as clases privilexiadas e as desfavorecidas” se presenta a última obra da compañía ourensá Sarabela Teatro “Celebración. A gran noite”, que estrearán os días 20 e 21 de destembro ás 21h. no Auditorio Municipal de Ourense.

A presentación do espectáculo tiña lugar na mañá do 18 de setembro no salón de plenos do Concello coa presenza do director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; da concelleira de Cultura, Belén Iglesias; do autor da obra, Fernando Dacosta e do director Daniel Salgado. Alí, o rexedor convidou aos ourensáns a acudir a esta estrea e a deixarse levar polos actores Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Nate Borrajo “nun espectáculo que explora a impotencia, o medo e a violencia, así coma os mecanismos de masas que xustifican e lexetiman estas situacións”, dixo Jesús Vázquez.

“Celebración. A gran noite” é unha obra escrita por Fernando Dacosta que se inspira no texto do dramaturgo francés Jean-Luc Lagarce, preocupado por abordar nas súas pezas a exclusión e a necesidade de pertenza. O espectáculo, que fai o número 52 na traxectoria de Sarabela Teatro, discorre entre situacións que explotan a comicidade e o patetismo, para provocar a emoción dos espectadores a través dunha trama argumental de vertixe, desencadeada tralo convite a unha gran festa.

O prezo das entradas é desde cinco euros e pódense comprar de forma anticipada na web de ataquilla.com.

Artigos relacionados

Back to top button