OurenseÚltima hora

Sarabela Teatro, no cartel das “Noites teatrais” de Vilamarín

O programa desenvolverase do 9 ao 13 de xullo no auditorio municipal da localidade ourensá
Presentación das “Noites teatrais” de Vilamarín.

O auditorio municipal de Vilamarín acollerá un ano máis as “Noites teatrais”, que este ano chegan a súa XXXI edición cun programa que inclúe espectáculos de referencia na dramaturxia galega e que se celebrarán do 9 ao 13 de xullo, cada día ás 22:30 horas.

Por segundo ano consecutivo o programa ofrece cinco días de espectáculos. Darán comezo o 9 de xullo co Grupo de Teatro de Vilamarín, no que participan actores de entre 12 e 65 anos co espectáculo Os cravos de prata. O día 10 será a quenda para Maricastaña, que participan por terceiro ano e que nesta ocasión presentarán o espectáculo As ondas das pedras no río, cun elenco no que figuran persoas de Vilamartín. O 11 de xullo actuará Ibuprofeno Teatro coa Casa O´Rei, e ao día seguinte, o 12 de xullo, actuará Sarabela Teatro con O rei morre. A encargada de pechar a programacióno día 13 será Contraproducións coa obra Fillos do Sol, unha forma diferente de coñecer os últimos anos de Pondal.

A entrada para os espectáculos é gratuíta.

Artigos relacionados

Back to top button