Galerías de fotosÚltima hora

Sardiñada no Café Novo da Rúa Vella

O único bar da praza da Rúa Vella, o Café Novo, organizaba na noite do venres 21 de xuño unha sardiñada. Unha trintena de persoa desfrutaba das saborosas sardiñas asadas e cachelos, seguidas dunha sobremesa de torta de roxóns e bica.

O dono deste establecemento de hostalaría rues xubilábase non hai moito e facíase cargo del un dos seus sobriños co fin de darlle continuidade a un local con tradición familiar, xa que foi aberto polos seus avós. A intención do actual propietario, Felipe, é enfocalo tamén aos peregrinos do Camiño de Inverno, de feito nel pódese selar a crendencial para obter despois a Compostela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button