ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sardiñas, doces e música na “Noite de San Xoán” en Vilamartín de Valdeorras

A iniciativa foi promovida polos Coveiros en colaboración coas Mulleres Rurais Cimadevila e co Concello

Cunha boa sardiñada acompañada de viño e un concurso de doces, celebraban en Vilamartín de Valdeorras a tradicional “Noite de San Xoán”, a máis curta do ano. Unha data que foi adquirindo a maxia das antigas festas paganas en torno ao solsticio de verán, con fogueiras, queimadas e conxuros.

Esta especial celebración promovida un ano máis polos Coveiros en colaboración coas Mulleres Rurais Cimadevila e co Concello de Vilamartín, tiña lugar na tarde-noite do domingo 23 de xuño, na praza José Luís Núñez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button