PolíticaÚltima hora

Saúdo especial de Ana Pontón para a ruesa María Albert, ausente na sesión parlamentaria

Ana Pontón, na sesión constituínte do Parlamento galego deste 7 de agosto.

 

Dos 75 deputados electos da XI Lexislatura do Parlamento galego, que vén de poñerse en marcha, tan só un non acudía á sesión constituínte. Tratábase da ruesa María Albert, do BNG, a única valdeorresa presente na Cámara.

Non podía acudir polo avanzado estado do seu embarazo, sen embargo, os seus compañeiros de grupo parlamentario, tiñan unha lembranza especial para ela na xornada deste 7 de agosto, tal e como manifestaba Ana Pontón. Enviáballe un saúdo moi especial a Albert que “non podía estar nesta sesión, pero que está vivindo un momento moi emotivo e dende aquí lle enviamos todo o noso cariño a ela e ao seu compañeiro”, dicía a deputada e portavoz nacional do BNG.

 

María G. Albert./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button