ConcellosÚltima hora

Saxofonistas do Barco e do Carballiño, na Mostra Musical do Eixo Atlántico

A representación barquense, con alumnos do conservatorio, estará formada por tres solistas e polo grupo de saxos
Grupo de saxofonistas do Barco, durante unha actuación da banda./ Foto: A.R.
Grupo de saxofonistas do Barco, durante unha actuación da banda./ Foto: A.R.

Os días 23 e 24 de abril Vilagarcía de Arousa acollerá a V Mostra Musical do Eixo Atlántico, un evento que reunirá a case 200 alumnos de conservatorios de 19 concellos de Galicia e Portugal, entre eles os ourensáns do Barco e do Carballiño. Así entre os participantes estarán tres solistas e o grupo de saxos do Conservatorio de Música barquense e o grupo de cámara do Carballiño.

Esta mostra busca promocionar e dar a coñecer a calidade dos compoñentes e músicos en activo actualmente na eurorrexión e en cada edición (de carácter bienal) está dedicada a unha figura destacada neste eido. Desta volta o homenaxeado será o compositor e profesor de música portugués Eurico Carrapatoso, de Mirandela.

Artigos relacionados

Back to top button