ConcellosÚltima hora

Seadur celebra as súas festas patronais na honra a Santa Mariña

Terán lugar a vindeira fin de semana do 19, 20 e 21 de xullo

Seadur (Larouco) celebra as súas festas patronais na honra a Santa Mariña a vindeira fin de semana do 19, 20 e 21 de xullo. Haberá diferentes actividades e actuarán tres orquestras.

 

Foto de arquivo dunha das pasadas edicións das festas.

 

A orquestra Master abrirá estas festas na honra a Santa Mariña o venres 19. Por outra banda, o sábado 20 será o día con máis actividades, xa que se comezará coa sesión vermú a cargo da orquestra Galaxia. Así, pola tarde terán lugar o campeonato de tute (ás 17:00h.), xogos infantís (ás 18:00h) e o partido de fútbol solteiros contra casados ás 19:00h. Xa pola noite, actuará a mesma orquestra coa presenza dunha pulpeira.

O último día, domingo 21 de xullo, terá lugar, ás 13:00h., unha misa solemne na honra a Santa Mariña. Ademais, a sesión vermú, a festa e a verbena estarán amenizadas pola orquestra La Potencia.

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button