ConcellosÚltima hora

O secretario xeral de Cultura visita a Biblioteca de Verín

Esta instalación cultural recibía hai unhas semanas o Premio María Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura

 

O secretario xeral de Cultura, xunto ao alcalde de Verín, a xefa territorial de Cultural, o persoal da Biblioteca e algúns dos rapaces que participan no proxecto de dinamización.

Ata a Biblioteca Municipal de Verín se achegaba na tarde do 6 de marzo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Nesta visita tiña ocasión de coñecer as instalacións, os servizos e as principais iniciativas que desenvolve o centro bibliotecario verinés.

Acompañado polo alcalde do municipio, Gerardo Seoane, e pola xefa territorial da Consellería de Cultura e Educación na provincia de Ourense, Luz Fernández Quintas, o secretario xeral interesouse polo proxecto de voluntariado cultural de animación á lectura, polo que a biblioteca foi galardoada en 2017 co Premio María Moliner, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na categoría de mellor proxecto de animación á lectura de municipios entre 5.001 e 20.000 habitantes.

 

Outro dos momentos da visita á Biblioteca do Concello de Verín.

 

Durante a visita, o secretario xeral tivo ocasión de felicitar algúns dos alumnos e alumnas que participan neste proxecto de dinamización do hábito lector.

Artigos relacionados

Back to top button