PolíticaÚltima hora

Secundino Fernández repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Viana do Bolo

O actual alcalde vianés resultaba elixido pola militancia nacionalista vianesa o 5 de febreiro para encabezar a lista deste partido nas vindeiras eleccións locais
Secundino Fernández, candidato nacionalista á alcaldía de Viana do Bolo.

Na reunión que mantiñan na tarde do martes 5 de febreiro no local do BNG de Viana do Bolo afiliados e simpatizantes escollían por unanimidade como candidato nacionalista á alcaldía de Viana do Bolo a Secundino Fernández Fernández.

Deste xeito, o actual rexedor vianés repetirá á fronte da lista do BNG nas vindeiras eleccións municipais de maio. Natural da Pobra de Burón (A Fonsagrada), Fernández é enxeñeiro de Montes e enxeñeiro Técnico Agrícola, na especialidade de Explotacións Agropecuarias.

Dende o ano 2004 é funcionario na Xunta de Galiza e responsable da Oficina Agraria Comarcal de Viana do Bolo. Dende agosto de 2009 é concelleiro e en xuño de 2015 chegaba á alcaldía de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close