Os traballos abrían o programa da Noite das Ferreñas que continuará esta tarde na praza Maior de Viana
Unha trintena de persoas, veciños de varios pobos como Punxeiro ou Quintela de Pando en Viana do Bolo, celebraban na mañá do sábado 23 de agosto, a sega do pan, nunha leira da localidade de Punxeiro.
Os traballos de sega e transporte dos feixes de pan, forma parte do programa da Noite das Ferreñas, organizado pola Mulleres Rurais de Viana, que continuará esta tarde a partires das seis coa malla na praza Maior, rematando a xornada coa actuación de cantareiras de diferentes puntos da provincia.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil
Fotos: Carlos G. Hervella