EconomíaEconomíaÚltima hora

Segue aberto o prazo para pedir tratamentos de loita contra o chancro do castiñeiro

Dende o ano 2011 lévanse tratado ata 44.580 castiñeiros na comunidde galega, segundo Medio Rural

cast1

Os propietarios de castiñeiros afectados polo chancro poden aínda solicitar o tratamento de inoculación de cepas hipovirulentas. “Desta forma, todos aqueles que teñan pés danados nas súas parcelas poderán verse beneficiados dos tratamentos que está levando a cabo Medio Rural en colaboración coa Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra”, tal e como se informa dende esta consellería. Dende o ano 2011 lévanse tratado ata 44.580 castiñeiros na comunidde galega.

De cara a realizar a solicitude, os interesados poden dirixirse aos servizos de Ordenación e Produción Forestal provinciais, aos distritos forestais ou ás oficinas agrarias comarcais, tanto por teléfono como en persoa. Así mesmo, a empresa pública Seaga habilita un número de teléfono (881 997 045) onde se pode chamar para comunicar a petición do tratamento todos os días da semana, incluíndo sábados e domingo nos seguintes horarios: de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas e os sábados e domingos de 09:00 a 14:00 horas (o servizo de fin de semana funcionará ata o 15 de decembro).

No caso de que o tempo non permitise levar a cabo estas tarefas, “os solicitantes xa quedarían automaticamente rexistrados na base de datos para as inoculacións de 2017”, segundo Medio Rural, que pretende acadar un sistema de loita biolóxica eficaz que mellore e conserve o patrimonio natural dos soutos galegos.

Estes traballos de innovación xurdiron no ano 2003 cun primeiro estudo profundo da natureza e distribución deste fungo na nosa comunidade autónoma, co obxecto de atopar as cepas hipovirulentas que permitisen controlar e diminuír esta enfermidade ao estar en contacto coas cepas daniñas. Logo de desenvolver os inóculos hipovirulentos, procedeuse a levar a cabo estes tratamentos en parcelas experimentais. Tralos resultados positivos acadados, no ano 2011 comezouse a traballar fóra destas parcelas para así sanear os soutos públicos e privados.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close