CarballedaConcellosÚltima hora

Segue traballándose na retirada dos vagóns do tren descarrilado en Sobradelo

 

Proseguen os traballos para retirar os vagóns do tren de mercadorías que descarrilaba na tarde do 28 de xullo en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). “Ante a complexidade da operación de retirada dos vagóns descarrilados tras o accidente, o persoal responsable polo centro de xestión de incidencias de Renfe solicitou esta mañá ao 112 Galicia, a presenza de equipos de emerxencia para garantir as condicións de seguridade na zona”, tal e como informa o 112 Galicia.

Así en torno ás 10h. desta mañá, os efectivos de intervención da Rede Nacional de Ferrocarrís comunicábanlle ao 112 Galicia que os traballos de retirada dos vagóns sinistrados avanzaba “con prudencia, debido á inestabilidade do terreo”. Segundo se lle indicou ao 112, “quedaban dez vagóns por liberar e era necesario extremar as precaucións na zona para efectuar a operación con todas as garantías”.

Deste xeito, desde o 112 Galicia informouse da situación aos axentes da Garda Civil que, xunto ao persoal de Adif, traballan arestora na avaliación do risco do operativo co fin de previr calquera incidente.

Nestes momentos, a circulación neste tramo da vía férrea segue restrinxida ata a completa retirada do vehículo accidentado.

Artigos relacionados

Back to top button
Close