SanidadeÚltima hora

Seguen a subir os casos activos por Covid-19 na provincia

Hai tres paciente máis que onte con esta patoloxía

Nova xornada de subida nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, hai 49 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 3 máis que onte.

 

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus na comunidade é de 740, deles 406 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 49 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 266.893.

Artigos relacionados

Back to top button