SanidadeÚltima hora

Seguen a subir os casos activos por Covid-19 na provincia

Hai un paciente máis que onte con esta patoloxía

Nova xornada de subida nos casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade, hai 29 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, o que supón 1 máis que onte.

 

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no conxunto de Galicia seguen medrando os contaxios. Segundo a última actualización, o número de casos activos de coronavirus na comunidade é de 406 (31 máis que onte), deles 161 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, os 29 xa mencionados da de Ourense, 35 da de Pontevedra, 74 da área de Vigo, 28 da de Santiago, e 5 da de Ferrol, segundo Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 2 está en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 386 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.331 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 257.156.

Artigos relacionados

Back to top button