SanidadeÚltima hora

Seguen as concentracións no Barco en defensa dunha “primaria digna”

Mantense, un luns máis a reivindicación. No exterior do Centro de Saúde do Barco tiña lugar neste mediodía de 29 de xullo unha nova concentración de persoal sanitario e veciños para expresar a súa demanda dunha “primaria digna”.

Reuníanse durante cinco minutos con carteis co lema “Xuntos por unha atención primaria digna”. No Barco este tipo de concentracións daban comezo o pasado 27 de maio.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button