SanidadeÚltima hora

Seguen as concentracións no Centro de Saúde da Rúa

Ademais de defender “unha primaria digna”, piden un novo centro de atención primaria para esta localidade
Concentración deste luns 3 de xuño no Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Un luns máis, e xa van dezaoito, no exterior do Centro de Saúde da Rúa tiña lugar unha concentración no mediodía deste 3 de xuño coa participación de veciños e de persoal sanitario. Demandaban unha “primaria digna” e un novo centro de saúde para esta localidade, unha reivindicación para a que tamén se están recollendo sinaturas.

Ademais o persoal do centro de saúde convida á nova Corporación ruesa á reunión do luns día 17 “para que se poñan a traballar dunha vez por todas para conseguir o necesario novo Centro de Saúde ”, tal e como sinalaba dixo Pablo Deramond en representación dos traballadores. Tamén dixo que pretenden que este novo centro estea incluído nos orzamentos da Xunta, polo que xa van xustos de tempo. “Non importa a ubicación, que sexan os técnicos os que decidan”, dicía.

Artigos relacionados

Back to top button