SanidadeÚltima hora

Seguen as concentracións “por unha primaria digna” no Barco e na Rúa

Concentración no exterior do Centro de Saúde do Barco.

 

Un xoves máis, veciños e persoal sanitario concentrábanse ás 12h. deste 9 de xaneiro no exterior dos Centros de Saúde do Barco e da Rúa para demandar unha “Atención Primaria digna”.

No caso do Barco os asistentes levaban carteis con frases como “Xuntos por unha primaria digna”, mentres que na Rúa suxeitaban pancartas cos lemas “Sanidade Pública e Próxima” e “Novo Centro de Saúde xa”, entre outras.

Fotos cedidas.

 

Acto reivindicativo no Centro de Saúde da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button