ConcellosÚltima hora

Seguen as mobilizacións dos emigrantes retornados no Barco

En abril uns corenta afectados concentrábanse diante da delegación de Facenda
Concentración da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, no Barco.
Concentración da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, no Barco.

Esixindo “un trato xusto”, outro mes máis convocados pola Plataforma de Emigrantes Retornad@s de Valdeorras, arredor de corenta persoas volveron concentrarse a comezos de abril diante da delegación de Facenda no Barco.

Alí, deuse lectura ao comunicado no que no aceptan a lei de regularización do PP porque “continúa existindo unha grave discriminación”. Por iso os emigrantes retornados propoñen “unha reforma da lei 35/2006, hoxe 35/2014 do IRPF, unha reforma que para ser real, esixiría igualala ao resto dos pensionistas galegos e que sería a partir dos 22 mil euros anuais”.

Uns corenta emigrantes retornados concentráronse diante da delegación de Facenda.
Uns corenta emigrantes retornados concentráronse diante da delegación de Facenda.
Lendo o manifesto durante a concentración no Barco.
Lendo o manifesto durante a concentración no Barco.

Tamén reivindican unha reforma que “pouco a pouco avance nas transferencias a Galiza na urxente descentralización do Estado, por unha banca e unha facenda públicas galegas”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close