ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Seguen baixando os casos activos de Covid no Barco cun total de 21, dous menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Aínda que de forma leve, continúa o descenso na curva do coronavirus na comarca de Valdeorras, cun total de 27 casos activos neste 3 de xuño, 2 menos que onte, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.

Concretamente é o municipio do Barco de Valdeorras o que descende no número de casos activos, cun total de 21, baixando tamén a incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días.

Os datos de días anteriores mantéñense na Rúa, con 4 positivos; e en Vilamartín de Valdeorras con 2 positivos. O resto dos municipios da comarca continúan libres de virus.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button