ConcellosO BoloÚltima hora

Seguen baixando os casos activos de Covid no Barco e sitúanse en 23, dous menos que onte

 

Exterior do Concello do Barco.

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos activos de coronavirus no concello do Barco de Valdeorras, que se sitúa, unha xornada máis, en nivel de alerta 0 (verde, o que supón menos de 7 novos casos activos confirmados por probas PCR nos últimos 7 días) no mapa epidemiolóxico que elabora e actualiza a diario a Consellería de Sanidade.

Así, segundo os dato comunicados polo Sergas ao Concello do Barco, na xornada deste martes 4 de novembro este municipio valdeorrés rexistra un total de 23 casos activos de Covid-19, o que supón 2 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button