
Pouco a pouco pero os casos activos de coronavirus seguen baixando no Barco de Valdeorras. Así, despois de varios días seguidos con 25 casos e segundo os datos comunicados neste venres 27 de novembro polo Sergas ao Concello, son 23 os positivos, o que supón 2 menos que os rexistrados nestes días.
Así mesmo, en canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 20, cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.