ConcellosO BarcoÚltima hora

Seguen baixando os positivos de Covid nos centros educativos do Barco, cun total de 7

O IES Xermán Ancochea de Trives segue con dous casos activos de coronavirus

 

Mantense a tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 nos centros educativos do Barco, que se reducen a sete, segundo os datos comunicados neste 31 de outubro pola Xunta. Así o IES Martaguisela do Barco pasa de 2 a un só positivo nesta xornada.

As cifras nos outros centros barquense mantéñense: o CEIP Ramón Otero Pedrayo ten 1 positivo, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1 e o IES Lauro Olmo 1.

Tamén segue cun positivo o CEIP do Bolo. Deste xeito, son un total de 8 os positivos en Valdeorras (1 menos que onte).

Ademais, o IES Xermán Ancochea de Trives segue tendo 2 positivos en Covid.

Por outra banda, no veciño concello de Quiroga, xa na provincia de Lugo, o seu instituto continúa cun positivo.

Artigos relacionados

Back to top button