SanidadeÚltima hora

Seguen medrando os casos activos de Covid na provincia, que suma un total de 856

O Hospital de Valdeorras continúa libre de virus, o de Verín rexistra 3 ingresos e o de Ourense 30, segundo Sanidade

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense o ascenso nos casos activos de coronavirus na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma 856 casos activos, 38 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 8 de xaneiro.

No caso dos ingresos prodúcese un lixeiro aumento. Así dese total de casos, 30 están hospitalizados en planta (2 menos que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). E tamén volven subir os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 79 (fronte aos 75 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por sexto día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 3 ingresos en planta (2 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 27 en planta (os mesmos que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.209, con 8.040 curados e 313 falecidos (onte Sanidade no notificaba ningún falecemento).

Polo de agora lévanse realizado 142.045 probas PCR e 69.256 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button